|
Sigla de Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense. Constituise non oficialmente en 1999. Ten a súa sede oficial no Local de Asociacións do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A seu xeito de constitución é o de Asociación, en concreto, Asociación Universitaria. Nace dun grupo de alumnos interesados no Software Libre e concretamente en GNU/Linux, a maioría dos cales estudiaban, neses intres, titulacións de Informática ou Física. Esta asociación tivo, especialmente nos seus inicios, un grande soporte da Facultade de Ciencias e da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Os fins da asociación son: - Promoción do concepto de Software Libre. - Programación de aplicacións baixo licencias libres. - Achegamento do sistema operativo GNU/Linux ó colectivo universitario e á sociedade en xeral. [Contacto] Se o desexas tamén podes votarlle unha ollada ó libro que temos editado sobre Software Libre: aquí
|